​O CB Breogán e a Axencia de Doazón de órganos e  Sangue (ADOS) presentaron esta mañá a campaña conxunta que ambas institucións, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, promoverán ao longo dos próximos días na cidade de Lugo. A directora de ADOS, Marisa López García, agradeceu ao CB Breogán a constante cooperación e implicación do club co altruísta xesto da doazón.

A dirección de ADOS salienta a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para lograr unha conciencia solidaria proclive á doazón como, nesta ocasión, está a impulsar o CB Breogán e a Deputación Provincial de Lugo, xa que poden unir os valores positivos do ámbito deportivo á nosa mensaxe e transmitila con maior proximidade por ter un amplo calado social.

Marisa López transmitiu ao CB Breogán os seus mellores desexos para esta temporada no que o club lucense compite na máxima categoría do baloncesto nacional. Así mesmo, a directora de ADOS agardou que os bos resultados deportivos acompañen ao Breogán no que resta de competición.

Distribución de entradas

Entre as iniciativas que está a realizar o CB Breogán con ADOS, salientar que o xoves 30 de marzo agasallarase ás persoas que acudan a doar ata a unidade móbil de ADOS, con invitacións para poder asistir gratis ao encontro do Río Breogán e o Joventut de Badalona do sábado 1 de abril, ás 18 horas (ata rematar o número de entradas dispoñibles). As persoas que desexen participar poderán acudir ata a unidade de ADOS que estará en:

- Praza Maior de Lugo en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21 horas.

Ao longo da xornada do xoves, está previsto que membros da directiva, do corpo técnico e de xogadores do club lucense, acudan á unidade móbil de ADOS para saudar aos doantes.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a todos os membros do CB Breogán (directiva, corpo técnico, xogadores...) a súa especial sensibilidade en torno a doazón de sangue, así como o seu decidido compromiso, dende hai anos, para impulsar este xesto solidario en Lugo, agardando que coa súa contribución, esta provincia acade os niveis de doazón que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Unha unidade móbil de ADOS visitará nestes días os seguintes concellos de Lugo:

DATA

CONCELLOS

Mércores 29 de marzo

LUGO

F. ADMINIST.09:30-14:30UNIDADE MÓBIL DIANTE DA EXPLANADA DA FACULTADEALFOZ16:30-21:00UNIDADE MÓBIL FRONTE AO CONCELLO (A SEARA)

Xoves 30 de marzo

LUGO

PRAZA MAIOR.09:30-14:30 15:30-21:00UNIDADE MOBIL NO FONDO DA PRAZA MAIOR

Venres 3 1 de marzo

MONTERROSO10:00-14:00UNIDADE MÓBIL AO CARÓN DO CONCELLOLUGOZONA PARQUE CASTIÑEIRO15:30-21:00UNIDADE MÓBIL FONDO DA PRAZA CASTIÑEIRO (RUA LAMAS DE PRADO- RUA JUANA LA LOCA)

Sábado 1 de abril

CASTRO RIBERAS DE LEA10:00-15:00UNIDADE MÓBIL NO CAMPO DA FEIRA

Ademais, tamén se pode doar sangue no local de doazón existente na cidade de Lugo:

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.