
A Axencia de doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas previas ás festas do Nadal, en especial A Positivo e Cero Positivo, pois nos últimos días produciuse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos.
As temporadas de vacacións, como as vindeiras datas do Nadal, requiren dun esforzo na participación da cidadanía, pois pode descender o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Por tanto, precisamos da xenerosidade e colaboración de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.
Desprazamentos
Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:
DATA
CONCELLOS
Mércores 13
decembro
Pontedeume, Juan Flórez (A Coruña), Mera e Santa Cristina (Oleiros), Fray Rosendo Salvado (Santiago), Ferraría (Pontevedra), Baiona, Navia (Vigo), Praza Maior (Lugo), Monterroso, O Couto (Ourense)
Xoves 14
decembro
Mugardos, C.F.P. Cruz Roja (A Coruña), Vilaboa (Culleredo), Pontecesures, Gondomar, Navia (Vigo), Chantada, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo, Praza da Mariña (Ourense)
Venres 15
decembro
Esteiro (Ferrol), C.F.P. Cruz Roja e Obelisco (A Coruña), Arteixo, Boiro, Sigüeiro (Oroso), Marín, A Guarda, As travesas (Vigo), Monforte, O Carballiño,
Sábado 16
decembro
Xubia (Narón), Arteixo, Boiro, A Guarda, O Carballiño
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8 ás 22 horas
Sábado das 8 ás 15 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8 ás 22 horas
Sábado das 8 ás 15 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15 ás 22 horas
Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres das 8 ás 22 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15 ás 22 horas
Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas
PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE
Luns das 15 ás 22 horas
Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres das 15 ás 22 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 8 ás 15 horas
Martes, mércores e xoves das 15 ás 22 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8 ás 22 horas
Sábados das 8 ás 15 horas
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.







