A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o día 28 de marzo un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade orientado a cidadanía, especialmente ás persoas maiores, e cun contido específico para orientar a nais, pais ou titores sobre o uso da tecnoloxía en menores.
Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” estas sesións buscan non deixar a ninguén atrás en materia de competencias dixitais e ciberseguridade. Desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 17 concellos de toda Galicia e no centro GaiásTech na Cidade da Cultura.
O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de A Cañiza, Fisterra, Ribeira, Leiro, O Barco, Abegondo, Ortigueira, Monforte, Cuntis, Celanova, Cerceda, Tomiño, Ribadeo, Quiroga, A Fonsagrada, Betanzos, GaiásTech e Pontevedra.
As xornadas farán foco nos riscos cos que nos podemos atopar na contorna virtual e exporán as medidas para poder previlos, facilitando un uso seguro da tecnoloxía sen abusos.
É a segunda edición deste ciclo, que se enmarca nas actividades do Nodo CIBER.gal para dar cobertura ás necesidades da cidadanía, empresas e administracións públicas en materia de ciberseguridade.
Calendario de charlas
Aulas participantes
Datas e horarios
A Cañiza
28 de marzo de 11:00 a 12:00 horas.
Fisterra
30 marzo de 17:00 a 18:30 horas.
Ribeira
3 de abril de 11:30 a 13:00 horas.
Leiro
4 de abril de 11.00 a 12:30 horas.
O Barco
5 de abril de 11:00 a 12:30 horas.
Abegondo
9 de maio de 11:00 a 12.30 horas.
Ortigueira
10 de maio de 11:00 a 12.30 horas.
Monforte
11 de maio de 12.00 a 13.30 horas.
Cuntis
15 de maio de 11:00 a 12:30 horas.
Celanova
16 de maio de 11:00 a 12:30 horas.
Cerceda
19 de maio de 12:30 a 14:00 horas
Tomiño
22 de maio de 11:30 a 13:00 horas
Ribadeo
23 de maio de 11:30 a 13:00 horas
Pontevedra
6 de xuño de 13.30 a 15:00 horas
Quiroga
12 de xuño de 12:30 a 13:30 horas
A Fonsagrada
20 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Betanzos
21 de xuño de 11:00 a 12:00 horas
GaiásTech
4 de maio de 16:00 a 17:30 horas
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.







