miércoles, abril 24, 2024
5.1 C
Madrid

A DIRECTORA XERAL DE PLANIFICACIÓN E REFORMA SANITARIA DA CONSELLERÍA DE SANIDADE REÚNESE CO PERSOAL MÉDICO DO CENTRO DE SAÚDE DO GROVE

Más Leídos

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, reuniuse hoxe co persoal médico do centro de saúde do Grove, nun acto no que estivo acompañada polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e Salnés, José Flores Arias.

Na visita, a directora xeral abordou co persoal as medidas postas en marcha polo Goberno galego para a mellora da sanidade pública no ámbito da atención primaria, como é a cobertura de prazas por concurso de méritos, diante do problema da falta de facultativos, principalmente de médicos de familia, que está a acontecer en toda España. 

Tamén falaron do Sistema Integral de Xestión da Demanda en Equipo (XIDE), iniciativa posta en marcha pola Xunta como unha medida organizativa de ordenación da demanda que responde á necesidade de desenvolver sistemas innovadores de xestión da mesma, marcada como reto fundamental nos documentos reitores da atención primaria vixentes tanto a nivel galego como estatal.

Este sistema permite asignar ao paciente unha cita co profesional máis axeitado para o problema de saúde que ten, grazas a unha categorización de máis de 700 motivos de consulta desenvolvida por un grupo de más de 50 profesionais sanitarios, entre os que se atopan numerosos médicos de familia. O sistema permite non introducir motivo de consulta, se o paciente non o desexa.

 

Última Hora

L’estilista i perruquera Lola Casajuana rep el Premi Dalmau

Coincidint amb el Dia Internacional del Teatre, que se celebra cada...

Mas Artículos como este