
O Consello da Xunta autorizou, na reunión celebrada hoxe, a contratación e a prestación do servizo de vixilancia e seguridade para os centros pertencentes á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza da rede do Sergas.
Tras a súa autorización por parte do Consello da Xunta, publicarase a licitación, procederase á valoración de ofertas, adxudicación e formalización do contrato. Estímase o inicio do contrato o 1 de novembro de 2023.
A contratación, que ascende a 7.572.578 euros, realizarase mediante procedemento ordinario cunha duración de 48 meses. Tivéronse en conta o incremento dos custes salariais así como o das cotizacións da seguridade social e dos materiais.
Este contrato enmárcase dentro das actuacións postas en marcha pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destinadas á mellora continúa da calidade asistencial.







