
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou esta tarde na sesión inaugural do Curso Académico 2023-2024 da Academia Médico-Cirúrxica de Ourense, un encontro no que destacou o labor desta asociación científica no seu afán por mellorar a práctica clínica no ámbito sanitario galego.
O titular da carteira sanitaria da Xunta puxo en valor a longa traxectoria desta entidade, ao tempo que incidiu no seu valor como lugar de xeración de coñecemento.
Nesta liña, destacou a traxectoria dos seus académicos, e avogou por continuar a afondar nos eidos da investigación, a innovación, a docencia e o labor asistencial, co obxectivo de acadar a excelencia sanitaria.







