O obxectivo da sesión é presentar ás PEMEs galegas as implicacións que ten o cumprimento da nova Lei Antifraude.

Coa chegada da Lei 11/2021, chegan novas legais importantes que afectan a autónomos, PEMEs, asesorías e despachos profesionais. O obxectivo con esta sesión é revisar estas novas que afectan á Lei Xeral Tributaria pero, sobre todo, ao software de contabilidade e facturación das empresas, o cal deberá estar certificado e adaptado a unha serie de medidas antifraude. Co cumprimento da nova Lei, as PEMEs poderán evitar multas e sancións.