A sesión ten como obxectivo proporcionar información útil, punteira e relevante sobre a tecnoloxía para todos. O experto Gonzálo Blázquez Gil proporcionará unha visión xeral dos últimos avances en IA, centrando a atención en dúas áreas en particular: as intelixencias artificiais xerais (AGI) e os grandes modelos de linguaxe. A través desta exploración, poderemos analizar os posibles beneficios e desafíos da IA, incluíndo os riscos asociados coa súa constante evolución. A sesión tamén incluirá unha quenda de preguntas para que os participantes poidan aclarar dúbidas e profundizar no tema.

Lugar: Streaming

Data de inicio: 15 de Marzo de 2023

Data de finalización: 15 de Marzo de 2023

Horario: 10:00 - 10:45

Tema: "Recoñecemento de imaxes ao procesamento da linguaxe natural: unha ollada aos últimos avances en IA"

Total de horas: 0.75 horas

Destinatarios: Orientada a toda a cidadanía, independentemente do seu nivel de coñecemento en intelixencia artificial (IA).

Máis información: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/do-reconecemento-de-imaxes-ao...