
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial
En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede nos meses de verán, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
Facilitar a participación
ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
DATA
CONCELLOS
Xoves 8 de xuño
Perlío (Fene), Cabana de Bergantiños, Coristanco, Ribadumia, Milladoiro (Ames) e Burela
Venres 9 de xuño
Praza de España (Ferrol), Cantón Obelisco (A Coruña), Cambre, Noia, Lalín, Rúa Príncipe (Vigo), Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Xinzo de Limia e Zona A Piringalla (Lugo)
Sábado 10 de xuño
Praza de España (Ferrol), O Burgo (Culleredo), Noia, Xinzo de Likmia e Iblesia de Jesucristo de los Santos de los Últimos Días (Vigo)
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
HORARIO
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns de 15:00 a 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00h.
Venres das 08:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00h.
LOCAL DE DOAZÓN DE ADOS
Praza Paz Novoa nº3 (Ourense)
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.







