Organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, é o evento de referencia en materia de ciberseguridade en Galicia, que aglutina a expertos na materia e divulgadores profesionais. Ademais, acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega, contando na última edición con máis de 40 entidades participantes e máis de 1.700 inscricións.

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Fontán

 

Data de inicio: 2 de novembro de 2023

 

Data de finalización: 3 de novembro de 2023

 

Tema: Ciberseguridade

 

Destinatarios:

  • Administracións públicas (locais, autonómicas, nacionais)
  • Empresas, profesionais e emprendedores do sector da ciberseguridade
  • Entidades académicas e de investigación
  • Cidadanía en xeral (familias, estudantes, escolares, etc.)