​O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado polo xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizou os últimos 4 km da etapa de Redondela do Camiño de Santiago xunto a voluntariado, familias de acollida e colaboradores da ONG Tierra de Hombres, encabezada polo delegado da Fundación en Galicia, Raúl Besada.

O titular autonómico de Sanidade quixo apoiar a actividade de recadación de fondos para os proxectos relacionados coa saúde que desenvolve Tierra de Hombres, nunha iniciativa que comezaron en 2021 pola necesidade de realizar actividades ao aire libre despois da pandemia e coincidindo co Ano Santo.