O Diario Oficial de Galicia  publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se publica o acordo da Mesa Sectorial sobre os prazos de execución do concurso de traslados aberto e permanente de cinco especialidades de persoal facultativo especialista de área.

Para as especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, inmunoloxía e oncoloxía radioterápica, o inicio do ciclo anual do concurso de traslados aberto e permanente correspondente ao ano 2024 adíase ao 5 de xullo, en lugar do 15 de xaneiro que corresponde ás demais especialidades.