Xestionado por: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: esta operación está financiada ao 100% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia de COVID-19, no marco do Eixo REACT UE.
Obxectivo temático: 13. Promover a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación ecolóxica, dixital e resiliente da economía.
Obxectivo específico : OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a economía dixital.
Obxectivos previstos : Esta operación pretende avanzar cara a unha xestión intelixente do territorio baseada en datos xeorreferenciados e mecanismos de sensorización e captura de información en tempo real. As actuacións consisten no despregamento de infraestruturas (pasivas e activas) que faciliten a sensorización do territorio e que contribúan ao desenvolvemento de sistemas especializados vinculados ao seguimento da evolución do uso e ocupación do territorio, aos servizos territorializados no territorio. Ámbito da política rural e agrícola e gandeira, do transporte, das actividades económicas, do turismo e da prestación de servizos públicos en xeral.







