
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial.
En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
CONCELLOS
Martes 12 de setembro
Praza de España (Ferrol), San Pantaleón (Paderne) e Paderne, A Laracha, Gaiteira/ Os Castros (A Coruña), Milladoiro (Ames), Arzúa, Porriño, Navia (Vigo), Ribadeo, Dozón, O Irixo, San Cristovo de Cea.
Mércores 13 de setembro
Pontedeume, Catro Camiños e Monte Alto (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza Roxa (Santiago), Ferraría (Pontevedra), O Calvario e Valadares (Vigo), Praza Horta do Seminario e Praza Maior (Lugo), Lugo, A Cañiza
Xoves 14 de setembro
Mugardos,Cambre, Bº Vila Negreira (A Coruña), Area Central (Santiago), Praza Roxa (Santiago), Bueu, Ponteareas, Teis (Vigo), Viveiro, O Posio (Ourense)
Venres 15 de setembro
Oza dos Rios, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Boiro, Lestedo (Boqueixón), Marín, Ponteareas, Teis (Vigo), Lourenza, O Couto (Ourense).
Sábado 16 de setembro
Neda, Arteixo, Boiro, Marín, Rúa Príncipe (Vigo), Ronda das Fontiñas (Lugo)
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
PRAZA PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE
Luns e venres das 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.







