O presidente da Xunta en funcións participa no acto de homenaxe polo 187 aniversario do nacemento da autora que se celebrou hoxe en Santiago
“Foi un símbolo do feminismo, da igualdade, das letras galegas e da nosa cultura”, resaltou
Salientou a importancia de manter, “enxalzar e engrandecer” o seu legado que contribúe a “facer marca Galicia” por todo o mundo







