O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu a un dos actos de peche deste Xacobeo 21-22 de presentación do logo de despedida e agradecemento que iluminará algún dos edificios máis emblemáticos de Galicia ata o remate deste ano.
Concretamente, na provincia da Coruña poderase ver este logo nas sedes da Fundación Abanca da Coruña e Ferrol, na cidade da Cultura de Santiago de Compostela e na Torre da Berenguela da Catedral de Santiago.







