sábado, abril 27, 2024
10 C
Madrid

GALICIA DESTACA A NIVEL NACIONAL NAS COBERTURAS ACADADAS NA CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE E A COVID

Más Leídos

Galicia destaca a nivel nacional tanto nas coberturas acadadas na última campaña de vacinación da gripe como na da covid, o que reflicte a confianza da cidadanía galega nestes programas de prevención da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Segundo o balance final da campaña da Consellería de Sanidade, o número total de doses de vacina antigripal administradas na poboación galega ascendeu a 826.155. 

No caso da gripe, Galicia foi pioneira no 2022 ao introducir por primeira vez en España a vacinación de nenos e nenas de entre 6 e 59 meses. Os resultados conseguidos neste segundo ano neste grupo de idade constatan a aceptación desta medida, cun incremento con respecto á campaña anterior, acadándose un 55,78 % de cobertura nestes cativos, o que se considera un resultado moi favorable, e que supón un punto por riba do ano anterior (54,73 %), situándose á cabeza das coberturas de vacinación infantil en España (segundo datos publicados pola Asociación Española de Pediatría).

A cobertura de vacinación nesta poboación infantil viuse favorecida polas diferentes estratexias empregadas pola Xunta para facilitar a accesibilidade á vacinación realizada por segundo ano consecutivo nos hospitais da comunidade, coa apertura de espazos para a vacinación durante as fins de semana.

No que atinxe ao número de doses de vacina antigripal administradas nas persoas de 65 ou máis anos foi de 522.234, obténdose unha cobertura do 74,38 %, e practicamente acadando o obxectivo do 75 %, fixado para a campaña galega e recomendado pola OMS.

Nas persoas de 80 e máis anos, que este ano tiveron indicada a vacina de alta carga por primeira vez, a cobertura acadada é de 82,38 % (195.909 persoas), o que supón sete puntos por riba do obxectivo establecido e consolidando a adhesión á vacinación deste grupo de idade de maiores galegos. Tanto os grupos de 80-84 anos como os de 85 ou máis superan o obxectivo marcado do 75 %, cun 86,13 % e 79,80 %, respectivamente.

A vacinación do persoal sanitario amosa unha cobertura do 56,85 %,  manténdose aínda case 6 puntos por encima da época prepandémica. As coberturas en xeral foron máis altas en profesionais médicos (61,72 %) que en profesionais de enfermaría (53,03 %). A cobertura máis alta entre o persoal do Sergas acadouse no persoal médico de atención primaria cun 70,15 %.

Vacinación da covid

En canto á vacinación da covid, o número total de doses administradas na campaña á poboación galega ascendeu a 668.176.

No caso das persoas de 60 ou máis anos, aquelas que a tiñan indicada por idade, sen necesidade de pertenza a ningún grupo de risco, o número de persoas vacinadas foi de 591.093, obténdose unha cobertura do 66,19 %. Cómpre remarcar que a medida que aumenta a idade tamén se incrementa a porcentaxe de cobertura, cunha maior adhesión á vacinación das persoas de máis idade. A cobertura en persoas de 65 e máis anos foi do 70,67 % (496.526) e a das persoas de 80 e máis do 78,99 % (187.837), tan só tres puntos por debaixo da cobertura de vacinación antigripal nesta mesma poboación.

Con respecto á comparativa actual de Galicia co resto do Estado, as coberturas fronte á covid sitúanse en todos os tramos de idade moi por riba da media nacional, segundo os datos publicados no informe de seguimento da campaña de vacinación fronte á covid en 2023-2024 do Ministerio de Sanidade (data: 25/01/2024):

    • Persoas de 60-69 anos: Galicia 55,44 % e España 32,29 % (23 puntos máis).

    • Persoas de 70-79 anos: Galicia 69,15 % e España 52,17 % (17 puntos máis). 

    • Persoas de 80 e máis anos: Galicia 78,99 % e España 64,31 % (14 puntos máis).

Primeira comunidade en vacinar

Galicia foi a primeira comunidade en iniciar a campaña de vacinación de gripe e covid o 25 de setembro de 2023. Ademais, aínda que o peche estaba previsto para o 31 de decembro de 2023, prorrogouse ata o 26 de xaneiro de 2024 por mor da circulación mantida dos virus na nosa poboación, polo que a duración total da campaña foi de 18 semanas.

Con estas campañas de vacinación, a Xunta busca beneficios en saúde grazas ao descenso da morbilidade e mortalidade ocasionada pola gripe e a covid, reducindo o consumo asociado de antibióticos e conseguindo, ademais, beneficios socioeconómicos nas familias e no sistema asistencial pola redución de consultas, de hospitalizacións, de tratamentos e do absentismo laboral.

No caso da poboación infantil, ao mesmo tempo que se protexe aos nenos e nenas contra a enfermidade da gripe, búscase tamén cortar as cadeas de contaxios a outros grupos de idade, xa que esta poboación actúa como transmisor.

As coberturas acadadas implican un impacto positivo na saúde da cidadanía galega, xa que a través da vacinación dun número moi elevado de persoas, nunhas enfermidades tan prevalentes como a gripe e a covid, diminúe o número e a gravidade das complicacións derivadas de padecelas.

Última Hora

L’estilista i perruquera Lola Casajuana rep el Premi Dalmau

Coincidint amb el Dia Internacional del Teatre, que se celebra cada...

Mas Artículos como este