sábado, abril 27, 2024
8.7 C
Madrid

Román Rodríguez enxalza a figura de Paco Lareo polo seu labor a prol da dinamización cultural na comarca do Deza

Más Leídos

Lalín (Pontevedra), 23 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do Parque do Pintor Paco Lareo en Lalín. Alí aproveitou para poñer en valor a figura do polifacético artista de Vila de Cruces, quen traballou “ao longo da súa vida pola dinamización cultural da comarca do Deza e colaborou sempre altruistamente con este municipio”, sinalou o representante da Xunta de Galicia.

Durante o acto, no antigo parque da Casa da Xuventude, descubriuse unha escultura conmemorativa do homenaxeado, quen finou no ano 2012. Quedou, así, oficialmente inaugurado o parque co nome deste polifacético veciño de Vila de Cruces “a quen tanto temos que agradecerlle”, engadiu Román Rodríguez. “Sempre colaborou coas institucións, asociacións, empresas e veciños da zona, co único obxectivo de activar socioculturalmente Lalín, a comarca e Galicia”, concluíu.

Última Hora

L’estilista i perruquera Lola Casajuana rep el Premi Dalmau

Coincidint amb el Dia Internacional del Teatre, que se celebra cada...

Mas Artículos como este