domingo, abril 28, 2024
15.3 C
Madrid

​A XUNTA REMATA A REFORMA INTEGRAL DAS URXENCIAS DO HULA RECUPERANDO A LOCALIZACIÓN PREVIA Á PANDEMIA DA ZONA PEDIÁTRICA

Más Leídos

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, visitou hoxe, na compaña do delegado territorial da Xunta, Javier Arias Fouz, e do xerente da área sanitaria, Ramón Ares, a reforma das urxencias do Hospital Universitario de Lugo, nas que a Xunta investiu preto de 100.000 euros. 

Tal e como destacou a xerente, esta obra era un compromiso do Goberno galego coa cidade de Lugo e con esta área sanitaria, e enmárcase nunha aposta da Xunta por seguir a mellorar a calidade asistencial de todos os hospitais públicos da nosa comunidade.

Segundo dixo Estrella López-Pardo, trátase dunha actuación exemplar, executada na súa maior parte polos propios servizos do hospital, nun tempo récord e que respectou, en todo momento, o funcionamento das propias urxencias, e consistiu na reforma de máis de 700 m2.

Tal e como detallou a xerente, as urxencias do HULA disponían dun hall e unha sala de espera moi ampla e que tiña un uso baixo, e a obra consistiu en redistribuír os circuítos de urxencias coa transformación de parte deste espazo en circuíto respiratorio. Deste xeito, todas as urxencias volven atoparse na mesma zona, cunha única admisión e garantíndose o circuíto separado para pacientes respiratorios.

Esta actuación supón unha mellora tanto na área de urxencias de pediatría como de adultos. Na primeira fase, adecuose a zona da sala de espera, e ampliáronse os espazos para os postos de triaxe, ademais de instalarse un novo climatizador. Na segunda fase, creouse o circuíto respiratorio (1 box de críticos respiratorios, 5 de observación, 8 boxes padiola e 8 postos de sillón, así como a humanización dos espazos). Na última fase reformáronse completamente as urxencias pediátricas, cun novo acceso independente, unha nova sala de espera con área de lactancia, un novo posto de triaxe, mellora da iluminación e das instalacións de climatización, e humanización da propia área para os cativos.

A xerente remarcou que a pandemia da covid supuxo moitos cambios na atención hospitalaria, e o HULA non foi unha excepción. A emerxencia sanitaria obrigou a dispoñer dun circuíto separado e diferenciado para pacientes con patoloxías respiratorias e susceptibles de ter covid. No caso do Lucus Augusti, isto obrigou a restruturar a zona de urxencias. A recuperación da actividade asistencial normal, grazas ao control da pandemia, puxo de manifesto a necesidade de recuperar o espazo propio das urxencias de pediatría, que volven ao seu lugar orixinal de antes da pandemia.

Sete novos equipos

A xerente do Sergas remarcou que, no que se refire ao Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, a Xunta incorporou, ao longo do pasado ano, sete novos equipos, cun investimento de preto de 8 millóns de euros entre a súa adquisición e as obras de instalación necesarias. Trátase de tres novos TACs, que xa se atopan funcionando, así como unha gammacámara. Ademais, incorporáronse tres equipos no HULA, o seu primeiro PET-TC, que posibilita a realización de probas de diagnóstico por imaxe máis precisas. Tamén se adquiriu, por primeira vez, o equipo de radioloxía neurovascular intervencionista que permitirá tratar na provincia patoloxías que ata o momento se derivan a outros centros sanitarios, como é a realización de trombectomías na fase aguda do ictus. Finalmente, o HULA tamén incorporou, por primeira vez, un equipo de braquiterapia.

Para rematar a súa intervención, a xerente remarcou que o HULA conta con excelentes profesionais e agora, tamén, cunha zona de urxencias totalmente reformada e adaptada aos retos do futuro.

 

Última Hora

L’estilista i perruquera Lola Casajuana rep el Premi Dalmau

Coincidint amb el Dia Internacional del Teatre, que se celebra cada...

Mas Artículos como este